Nós


A NOSA HISTORIA

Como amantes da natureza, a comida sa e o rural galego sentimos que non hai nada máis agradecido que o traballo na terra; por iso no 2012 decidimos empezar Orballo e ofrecerche produtos 100% ecolóxicos da mellor calidade.

Dende a comarca das Mariñas, provincia da Coruña, en España, comezamos a cultivar e volver a por en valor especies coma castiñeiros, abeleiras, nogais e múltiples prantas aromáticas, dende o respecto e coidado que a nosa terra merece.


O NOSO COMPROMISO PARA CAMBIAR O MUNDO… SEN PRÉSA PERO SEN PAUSA

Produtos 100% ecolóxicos.

Sabemos o bo que é para o noso corpo e a nosa saúde consumir produtos naturais, por iso nos aseguramos de que en Orballo non entren pesticidas, herbicidas ou químicos de síntese que son tan perxudiciais para a saúde

Produtos 100% sostibles.

Somos amantes da natureza e da biodiversidade que nos ofrece. Cremos que non hai nada máis importante que respetar o medio ambiente, polo que estams decididos a poñer o noso gran de area para mudar o mundo, evitando traballar con calquera aditivo sintético que destrúa o ecosistema.

Produtos 100% de calidade.

Nós mesmos nos encargamos de todo o proceso de produción, polo que che garantimos que os nosos produtos son recollidos no mellor momento e procesador co maior coidado. Apostamos pola calidade e apostamos pola nosa terra.


Orballo (seg undo a R.A.G.)

  1. Chuvia mi ú da. 2. Humidade do aire que, co fr í o da noite se condensa e se deposita en pingas pequenas

A AUGA: UN SEGREDO BEN GARDADO

Unha das grandes protagonistas de Galicia é a auga: o seu mar, os seus incontables ríos, a chuvia… Proba diso é a amplia variedade de palabras para referirse a ela. Esta auga brinda a todos os nosos produtos unhas características excepcionais.

 

 

 

VALORES


100% ECOLÓXICO

Todos os nosos produtos son orgánicos, producidos sen pesticidas, herbicidas ou abonos artificiais. Non incorporan substancias ou residuos prexudiciais para a saúde humana ou que mingüen a súa capacidade nutritiva. Todos os produtos que producimos son froito dunha coidada selección de sementes e cepas.

   INNOVACIÓN

Apoiámonos en profesionais do sector e en conxunto investigamos para a creación de todos os nosos produtos, obtendo así resultados únicos e inimitables adaptados á nosa materia prima.

 DESENVOLVEMENTO LOCAL

O desenvolvemento da nosa empresa é froito das terras e xentes onde nos atopamos, é por isto que reinvestimos alí os beneficios que nos xeran.

 

 

  CALIDADE

Controlamos todo o proceso dos nosos produtos. Ademais de cumprir os requisitos establecidos polos selos reguladores, xeramos os nosos propios protocolos para ofrecer un produto de máxima calidade.

  CONCILIACIÓN E IGUALDADE

Dentro da nosa organización todos somos persoas, non existen diferenzas por xénero, sexo ou idade. Ao mesmo tempo respéctanse os momentos, espazos e ritmos de cada persoa seguindo unha maravillosa máxima ¨Se é bo para a persoa, é bo para Orballo”.

  PROPÓSITO COMÚN

As persoas que traballan na nosa empresa comparten os nosos valores. Achegámonos á xente que sente as mesmas inquietudes.

  BIODIVERSIDAD

En Orballo valoramos moito aquilo que nos rodea, por iso fomentamos a convivencia coas especies da contorna.

Coñece todos nosos produtos ecolóxicos